5 de abril
Recordo a gaita anunciando o día
No que crecín un pouco máis
Recordo como era a historia
Que me contabas sen pestañear
Recordo cada mentira
Cada promesa que non se ía cumprir
Recordo ben o día
No que fun feliz
Lonxe queda ese día
E lonxe a felicidade
Lonxe quedan as mentiras
Lonxe de min ficaches
E lambo as miñas feridas
Que nunca van cicatrizar
Lonxe do que eu era
Lonxe de verte marchar
E saber dunha vez o que era a vida
Comentarios
Publicar un comentario