Non teño dereito a chorar Pois outros choran máis ca min Non teño dereito a empatía Pois outros sofren máis ca min Non teño dereito a falar Pois outros non queren escoitar Mal momento é sempre Pra expresar o que sinto Non teño amigos Compañeiros Non teño ninguen Que rece por min Moitos son os males Que adolecen este corpo Moitos os cristales Que cortan esta mente E de todos eles un sobresae Coma unha avespa entre as moscas Pica con maldade a soidade Miña gran derrota Negouseme a felicidade De mil e unha formas Pero sen dubidalo A máis cruel non é outra Que o silencio ó que me condenas Só cabe preguntarse cando Cando será o último estímulo O derradeiro exercicio de honestidade Modestia ate o final Cando será o final? Desta inútil vida. Cobarde pra vivir Cobarde pra quitarme a vida Máis eu non teño saída Xa non teño nai Nin o amor da miña vida Non me deben favores E non actúan sen deber Non hai empatía Nin pena fría Somente odio Silencioso Se nada cambia Qued...
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarOla
EliminarQué tal te atopas estes días? Vexo que segues ancorado no pasado, que non es quen de ver o camiño que che queda por percorrer... Perdón, non me presentei. Son Luis, non sei como cheguei o teu blog, pero cheguei, e aquí sigo, non sei moi ben porque. Non sei se vexo un reflexo, ou se so é curiosidade. Leo o que escribes e... non sei, sinto esa desesperanza que de ti agroma. Non sei por que te escribo, tal vez non debería, tal vez debería seguir como ata o de agora, lembrando de vez en cando que este blog existe e entrando nel. Pero non sei, tal vez só queira saber que pasa pola túa mente para sentir o que sintes. Tal vez sexa egoismo e só quero que non me pase a min. Tal vez só é curiosidade. O caso, o resto da igual, estou aquí, fálame se queres, contame de ti, dime como chegaches ó que es hoxe.
EliminarSe non queres tamén está ben, non me debes nada e non te debo nada.
EliminarNon teño problema en contar o que sexa. Máis prefiro o formato pregunta-resposta a desarroiar pola miña conta un relato complexo que me fai dano construír.
EliminarTeño curiosidade por como chegaches s esteeu blogue. Ben pouca xente o coñece e eu coñezollas a todas.
E como cheguei ó que son hoxe?. .alá sorte supoño. Por abrirme demais, por amar de máis, as miñas circunstancias nada agradables, traumas infantiles que sólo eu coñezo, xente que non valía a pena na que confiei de máis, unha enfermidade que me convertiu nun gilipollas para co mundo, especialmente coa xente que quería, corazón roto por varios frentes, ter que asumir responsabilidades impropias e realmente duras, polo fracaso sistemático como forma de vida, pola miña culpa e pola dos demais, de quizais iso significa que non é culpa de ninguén e sexa ó final simple mala sorte. Ou un castigo divino, quen sabe.
Como cheguei aqui? Pois a verdade, non o sei, apareceume un día que tiña tempo libre e pareime, pero non sabería decirche como apareceu, xa queda ben atrás iso. Sei que coñecer non nos coñecemos por simple ubicación xeográfica.
EliminarPregunta-resposta, é complexo dado que só che coñezo polo que escribes, pero supoño que podería intentalo.
Podería empezar preguntando por esa enfermidade, pero iso é demasiado personal é, ao mesmo tempo, demasiado frio.
Os traumas infantís son teus e hai xente que pode axudar con iso, e non penso que poida ser eu.
Podería preguntarche por esa xente na que confiaches e que non valía a pena. Que tipo de relación vos unía para que a dor da perda na confianza sexa tan grande como para desgarrar. Supoño que xente que non estivo ahí cando os precixaches, pero non sei se non estiveron por eles ou porque tí os botaches e eles non volveron.
Tamén teño curiosidade no que chamas "fracaso sistemático como forma de vida". Nunca entendín de todo a xente que dí fracasar na vida, porque eu non considero case nada un fracaso, só unha liña vital que cambia de sentido. Qué é fracasar? Perder un traballo? (unha oportunidade para empezar noutro) Non cumplir nos estudos? (tal vez non eran os estudos adecuados) Perder amigos ou amores? (se non están ahí igual é que nunca foron as personas que nos corresponden).
Si estou de acordo no de que as cousas, normalmente, non son culpa de ninguén, e tampouco mala sorte, adoitan ser consecuencias da vida, e na vida sempre hai un paso máis que podemos dar, outra porta que se abre, ou que podemos abrir.
Tal vez unha pregunta que si me axudaría a pensar noutras sería "Qué espectativas tiñas na vida e porque non se cumpliron?" Porque o final a desesperanza moitas veces ven de ahí, dunhas espectativas perdidas e non ser quen de construir unhas novas.
Miñas espectativas eran non estar só. Ser mínimamente feliz. Non tiña nin terei grandes obxetivos personais.
EliminarSoñaba con ser alguén que non son. Non para min senón para alguén máis. Esa persona que marcou o antes e p despois
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
Eliminar