Última marea
Tiña esperanza nas miñas verbas
Creía coma quen cre en deus, nelas
Que son?
Nada
Non sirven
Nen sequera para facer sentir
Quen son
Quen era
Que pasa.
Nada
Polifacéticos
Así definían
E mentian
Non son bo
Non son nada
Só unha esquirlas
Introducida nunha enorme existencia
Polvo no vento
Kansas
Loitei deseguido contra a definición
De min mesmo en condicional
Quería ser por ser
Autoxustificar a miña existencia
Máis non podo
Non logro
Ser eu
Sen ela
Non podo
Simplemente non existo
É Lóxica académica
Fico aquí
Nun mar de nada
Arrastro polas ondas meu peso
Con dificuldades
Respiro
Volvo en min
Por momentos
É agónica esta loita
Regreso afogando
Ó mundo sensa tempo
Que xira
Engranaxes cortan o vapor
Do meu álito
Luces escarban nos meus ollos
Mentres esvaro nas cortiñas
E deixo de sentir
Os dedos desaparecen
Pouco a pouco
Instrumentos de rendición
Non serán contemplados
Ceden os párpados
Por momentos
Roen e roe
Aspas afiliada
Desgarran carne
Basta definición
Da propia vida
Non a miña
Pois eu estou debaixo
Ominoso despertar
Do soño antes nomeado
Presión sanguínea
É o importante
Mediante aire
Eramos
Máis non somos
E agora son
Só
Eu
Longo tempo
Ate o fin
Tormento inesgotable
Luces radiantes
Rompen meu pesar
Voces guturales
Fanme reaccionar
Live with me
Son só recordos
E nada máis
Dores punzantes
Profundos cráteres
Na superficie estelar
E chega a profundidade
Rompen o silencio
Gotas escuras
Traen a verdade
Unha e outra vez
Cabeza con cabeza
Corpo con corpo
Chocando
Coma un espello
Intentos inuteis de perforar a barreira
O tímpano do mundo que ante nós
Bombea o ritmo do universo
Máis aló quero ir
Máis aló berro
Máis aló imploro
Máis aló, aló onde non hai
Nada
Adeus ríos
Adeus
Comentarios
Publicar un comentario