Declaración

 Non teño dereito a chorar

Pois outros choran máis ca min

Non teño dereito a empatía

Pois outros sofren máis ca min

Non teño dereito a falar

Pois outros non queren escoitar


Mal momento é sempre

Pra expresar o que sinto

Non teño amigos

Compañeiros

Non teño ninguen

Que rece por min


Moitos son os males

Que adolecen este corpo

Moitos os cristales 

Que cortan esta mente

E de todos eles un sobresae

Coma unha avespa entre as moscas

Pica con maldade

a soidade

Miña gran derrota


Negouseme a felicidade

De mil e unha formas

Pero sen dubidalo

A máis cruel non é outra

Que o silencio ó que me condenas


Só cabe preguntarse cando

Cando será o último estímulo 

O derradeiro exercicio de honestidade

Modestia ate o final

Cando será o final?

Desta inútil vida.


Cobarde pra vivir

Cobarde pra quitarme a vida


Máis eu non teño saída

Xa non teño nai

Nin o amor da miña vida

Non me deben favores

E non actúan sen deber

Non hai empatía

Nin pena fría

Somente odio 

Silencioso 


Se nada cambia

Quedan 15 días

Para executar o plan mestto

Deixar o mundo conxelado

Para min mesmo

Que xire para outros


Fracasei


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Ela