parte 5: Recordos
Os posibles pasados voan na túa cabeza
Algúns máis doces, outros máis agrios
Un aviso para calqueira que os queira tomar
Os posibles futuros non poden espera
Recordas de min, como soíamos ser?
Debemos de estar separados?
Debuxando un novo pasado
Que nos abra un novo futuro
Posiblemente non
Os ventos traen recordos
Que se xuntan no presente
Formando as sensacións
Que me comprometen
Co que son
Co que fun
Son as dor do futuro descartado
Queimado hai tempo
Pra xamáis ser visitados
E non poden ser olvidados
Por máis que o intente
Recordo os sorrisos e agarimos
As charlas intrascendentes
E as de vital importancia
Sinto inda a pel rozando
O respirar na calma da noite
E as tonterías da mañán
O baile da araña cocainomaba
Ou do troglodita
E esconderme sen motivo
Onde se me podía encontrar
O cheiro da cociña
O ruído dos cascos
Pedindo concentración
A derrota asumida
Que tanto dano té facía
Tamén todo o que amaba
A confianza absoluta
De facer clacla nas costas
...
...
Recordo o titulo do frío teito que nos refuxiaba
Que eu chamaba fogar
Lembro demais cando non debo
E actuó inda máis errado
Soñaba con ter nenés
E crecer xuntos
Soñaba cun futuro dos queimados
Que non podo borrar da retina
E só me sabe torturar
E agora teño medo de atopar
Por destino ou casualidade
A imaxe orixinal da miña fé
E que volva escapar
Sen poder dicirlle quérote
Ola ou ate sempre
Pode que ate nunca
Por sorte e por desgraza
Isto non vai pasar
Nunca máis poderei soñar
Con ser feliz ou ter par
Pois non son sequera primo
Tensó son impar
Comentarios
Publicar un comentario