fásmido insular.

Tristura é o castigo.
Inconmensurable tortura
Tanta que antigas nela
Perdido entre súa escuridade
Pra sempre
O dano cerebral é irreversible
Ó borde do colapso
Súa fráxil estrutura
espera agonizar porfín

E mentres esperas
fórmulas mil preguntas ó aire
A neve cae do ceo e te enterra
Non hai ningunha resposta
Son unicamente palabras
Algunhas cousas non se deben de saber
Máis ti preguntas sen cesar
Sen té decatar de que estas cuberto,
frío e entumecido
Incapaz de moverte

Todo conxunto de palabras foi dito
Todo intento de achegarse rematou
Todo rematou en fracaso
E aquí segues. 
E por que?
Inercia pode ser ou unha fútil esperanza
Nada que vaia cambiar o feito irrevocable
De que estas morto antes de morrer
Respirando o aire viciado e reciclado
Unha e outra vez

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela