os cativos maiores
Sorprendesme no sono
Soñando con eu solo
Enfronte dun muro invisible
E ó outro lado as nada
Da realidade ó irreal
Téñollo que cruzar
Frente con ladrillo
Golpe a golpe
Un chisco máis preto
De ser algo ó fin
Peixe grande no deserto
Eu e ti e ti máis eu
Rompemos mutuamente
Como tal nos queríamos
E agora é diferente
Xa non hai razón de ser
Máis aló da inercia
Non é senón esa
A chamada quinta esencia
Do amor
Darse conta da verdade
Que non vale a pena
É un soño de crianza pequena
E toca traballar e preocuparse
Das facturas por pagar
Da fame que quitar
Do infinito do mar
Que endexamáis explorarei
Dos tempos felices
Ós que nunca voltarei
Mal fixen cando pensei
"Desta vai a vencida"
E agora arrastro polo chan
Encadrado de por vida
Famento como un can
Mais non de comida.
Quen me dera unha partida
Dos xogos de antonte
Terte en fronte
Pra poder té mirar
É dicir por vez última
"Quérote"
Antes de esmorecer
Comentarios
Publicar un comentario