mañan

Recordo o sorriso cando pensei
Que sería unha gran idea
Emocióneime pensando na reacción
Ó ver a sorpresa que levaba gardando
Celoso de da calqueira información 
Soñaba con ese día
Que nunca chegou 
Nun día dous anos desde día
Que saltou o calendario
Coma se non existira
Oculto entre sangue e pastillas
Soterrado no meu recordo 
Queimado polo lume 
Iso quedou da miña alegría
Cinzas irreconstruibles
E preguntas 
Moitas preguntas
Para ti
Que nunca puiden formular
Terei que vivir sen resposta
Como hei de vivir sen ti
Só é triste
Iso son eu
Iso serei por sempre
Por culpa miña e por culpa de todos 

Soñaba con día da sorpresa e o día da viaxe
Ese coche que nunca arrancou ó sur
Mais nunca
E nunca máis arrancará 
Que mal día aquel que soñei 
Que pensei que me querías 
Malo o día seguinte, pois tiveronme que espertar
Do doce soño que vivía
Sen sufrimento nin recordos
Baleiro de contido
Desaparecido

Que desagradecido son
Con quen me salvou a vida
Gran traxedia repetida tres veces
E tres veces frustrada
Ó final non teño dereito algún 
De ningún tipo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela