through this live

Non vale a pena gastar no esforzo
A enerxía necesaria pra comprender
É máis sinxelo deixalo ir
Vivir coas consecuencias 
Esquecer as causas 
Crecer e sentir.

 Cando é libre miña conciencia
Sempre penso en chamala
Pero iso non está ben
Supoño que nunca é o correcto
O que eu fago
O que eu falo 
Son simples erros
Como cruzarse no meu camiño
É erro pra quen ten que soportar
Esta soporífera porquería 
Como dixeron algúns 
Que non son de aquí 
Mais aquí opinan 

Os ventos movenme coma se fose eu nada
A pesares de estar obeso
E pesar un quintal
Deixome levar
Pola máis mínima forza
Inda que me guíe mal
E así estou
Mentres estexa
Perdido na miña cabeza
Sen ganas de sair

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela