Presencia ausente

Chegou a chuva, e con ela, a escusa perfecta pra non saír da casa 
De todos xeitos levo anos sen saír, encerrado nestas catro paredes
Son os feitos cos que loito día a día quenes me obrigan a deixar pasar a vida 
Axudados pola autocompasión e a locura das miñas hipócritas palabras
Nen tan sequera sei a feira na que estamos ou se terei cousas que facer.
De todos xeitos tampouco ía facelas...

Cando miro ó meu arredor
Atópome rodeado da túa presencia
O doce aroma do teu ser
En forma de entrañable transparencia
Coma se foses comandante
Non deixo de ver a túa ausencia.

Ausencia nos beizos que non bico
A pel que non rozo con cada abrazo
Na forza que tiñas pra facerme saír
Esa habilidade innata pra facerme rir
Mirote na correa de Chacho agora en desuso
Nos pelos que quedaron atrás de Micha
Nas infinitas miradas ó meu carón, 
Esperando que unha vez máis estexa
A túa man forte porta dun lugar tranquilo
No último parpadear antes de quedar durmido
Nos xogos que nunca máis xogarei
Nas cicatrices de tanto que o intentei
E o intentei con forza e ganas
Mais non fun quen
De olvidarte
De superarse
De curtir 
De sorrir
De vivir
Se cadra si fun quen de facer aquilo
Que tanto medo tiñas de que fixera
E inda que agora escribo 
Isto sexa unha última ilusión 
Unha especie de castigo
Antes de borrar de xeito definitivo
Todo aquilo que son

Mirote en todas partes máis sei
Que nunca máis será cos ollos
Nin ouvirei a túa voz celestial
Nin rozarei a túa suavidade
Non souben sequera despedirme
E agora é tarde
Xa pra min



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela