Crenzas incorrectas

Comezo crer na xente cando me di diferente
Alleo á estable normalidade que todo o permea
De quizais as cousas sexan doutra maneira
De quizais non é o mundo. Son eu quen erra.

Trabucado no ouvido cando escoita promesas 
Na vista que olla miradas ternas e extensas 
Errado no tacto da suavidade inagotable do contacto coa súa pel
Errado, en fin, en todo aquilo que penso, ou pensaba, ou pensei

Vexo agora con amplitude a quedume deste mundo
Nun movimento perpetuo sen sentido nin final
O mesmo era non mover nada que dar voltas en círculo 
Non existe no mundo a bondade sen interés 
Non existe a raiba
Non existe a compasión 
Non existe o agarimo
Non existe o amor
Tan só un truco de ilusionista ben elaborado
Que me tivo toda a vida enganado
Crendo na maxia coma un neno cre no seu entorno

Estou errado en todo o bo
Preclaro en todo o malo
Estou só 
E sempre estarei.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela