Non teño dereito a chorar Pois outros choran máis ca min Non teño dereito a empatía Pois outros sofren máis ca min Non teño dereito a falar Pois outros non queren escoitar Mal momento é sempre Pra expresar o que sinto Non teño amigos Compañeiros Non teño ninguen Que rece por min Moitos son os males Que adolecen este corpo Moitos os cristales Que cortan esta mente E de todos eles un sobresae Coma unha avespa entre as moscas Pica con maldade a soidade Miña gran derrota Negouseme a felicidade De mil e unha formas Pero sen dubidalo A máis cruel non é outra Que o silencio ó que me condenas Só cabe preguntarse cando Cando será o último estímulo O derradeiro exercicio de honestidade Modestia ate o final Cando será o final? Desta inútil vida. Cobarde pra vivir Cobarde pra quitarme a vida Máis eu non teño saída Xa non teño nai Nin o amor da miña vida Non me deben favores E non actúan sen deber Non hai empatía Nin pena fría Somente odio Silencioso Se nada cambia Qued...
Comentarios
Publicar un comentario