Penúltima dose
Non volvas á realidade
Deixate levar pola droga
Que suxeita este intre
Mola moverse coma un robot
Mentres o mundo se desmorona
Sen sensibilidade ninguna ante as inxustizas
As pintadas sonoras infinitesimais
Absorbenme cara elas
Véxome arrastrado cara o lugar
Onde debo estar
Mais non onde quero
Choro só eu ou só son so...
Pero estou aquí
Fronte a ola españolizadora
Que intenta por tódolos medios
Correxir meus escritos
Coma se fose castelán
Que desvergoña
Intre intranquilo
Desta miña composición
Mentres berra o mundo
"Mazón o paredón"
Eu atópome fóra
Sustituíndo o sofremento
Por unha triste melodía
A cada quen e cada día
Pra olvidar os nomes propios
E os momentos de felicidade
E mesmo aquela que rima
Nesta tonalidade infantil
Daquel que nunca o ía intentar
Que inda soña con ser
Aquel que comparte existencia
Co nome en rima daquela verso
Máis non creo que chegue lonxe
Tendo en conta a distancia
Quedarei a medio camiño
Inmerso na miña iñorancia
Atrapado entre o pan é o viño
Quen son eu?
Comentarios
Publicar un comentario