Autocompasión e falta de autocrítica
Non entendo ben que pasou
Como sentirme ó respecto
Que facer ou que pensar
Tórnase imposible de facer
Abuso, acoso, violencia
Fortes acusacións
Rememoro o día que a esperanza
Desapareceu de meu ser
Recordo chorar, horas, días
Un pranto pesado ininterrompido
O papel impreso indescifrable
Salvo prá abogada de oficio
Os días posteriores non durmín
Somente choraba e comía
O que alcanzar miña man era consumido
Quería poder estar colérico
E que miña ira fóra ós demais
Pero era só pra min
E todo foi a peor nun intre
Cunha chamada dende Vigo
A cidade que eu amaba como un fogar
É o último sitio onde quero estar
E mais non podo estar en máis sitios
Sen que me sinalen co dedo
Descoñezo o discurso que deu lugar
O embargo do que me quedaba por amar
A expulsión do lugar onde eu pertencía
Mais sei da súas falsedades e miseria
Maldade mesma que permeou todo
Marcando pra sempre un x en min
"Non quero que se faga dano"
Curiosa ironía é esa
Querer quitarme a capacidade
De ferirme a min mesmo
Mentres me fires de morte
Supoño que foi culpa miña
Culpa toda,
Por falar demáis
Facer demáis
Crer demáis
Confiar demáis
Errores impedonables
Que nunca se esquecerán
Pois graban miña pel
Tintan meus cabelos
Que non coñecen o vento
Xa non ansio liberdade
Non esixo máis nada
Nen o pan nin a vida
Gardollos como recordos
Que así que me arrebatarás
Coma meu ser mesmo
Todo o meu amor
Pois ques de min un baleiro
Unha casca oca que respire por inercia
E de xamáis diga palabra algunha
Son eu o condenado
Con todo o peso da inxustiza
Pena maior que o delito
Fechado no cárcere da miña memoria
Con tortura diaria
Coma nos vellos tempos
Que foi de min
Atoparemos algún día
Ou me atopará antes s morte
O silencio absoluto
Que tanto ansio coñecer
Pero mentres vivo loito
Pola miña supervivencia
Carente de sentido
Comentarios
Publicar un comentario