Honestidade
No medio da tristura
Que enche meu corazón
Só hai bágoas no meu interior
Eu procuro unha saída
Deste inferno que me envolve
Son o fráxil recordo
Atado á eterna morte
Deixado da man da sorte
Modesto ate o final
No medio do sufrimento
Só rezo a min mesmo
Alonxando as verbas falsas
Da vosa compasión
Que aviva miña idea
Honestidade na morte
Adornando o gran final
Libre da tolemia
Preparado pra chegar
Comentarios
Publicar un comentario