Promesa a tempo de cumprir
Boto en falta a sincronía arritmica
Do respirar profundo dos nosos corpos
Axitados nunha voráxine de hormonas
Ou relaxados no descansar diário
Boto en falta o reflexo deformado
Nos ollos de infinito sentir
Facendo da miña imaxe terrorifica
Un cadro impresionista cheo de cor
Boto en falta o ruído armonioso
Do cruce de voces dispares
Cada quén coa sua opinión
E tantas veces igual
Boto en falta en fin
Boto en falta o amor
Boto en falta a costume
Boto en falta a sorpresa
Bótote en falta a ti
É norma imposta non recordar en voz alta os nomes daquelas xentes que non queren ser nomeadas. Mais non puiden evitar que permeara neste poema a túa existencia. O Amor vainos esnaquizar outra vez.
Comentarios
Publicar un comentario