S-Ketamina

 É un pracer pra min presentar

O maior dos espectáculos anatómicos

O mago da autodestrución revelará 

O maior dos seus trucos

Arrastrar os vernáculos 

E abrirse en canal

Ó son de Pink Floyd


Un día soñei co amor

Seu significado

Seu nome

Maniatado observaba 

Como as infinitas posibilidades

Carentes de responsabilidade

Emocional ou afectiva

Loitaban unha por unha co meu ser

Eu perdin unha vez e máis outra

A dor desaparecía a medida que crecía

Ate facerme ver a única verdade do meu ser

 A non existencia do eu entre o mundo

A simpleza da beleza

Da parella

Do par

Unha febre aloxada eleva ó ceo o lume

A esperanza de volver tocar térra

Desvanecida

No airee dunha calurosa tarde de inverno

Que hei dicir eu pois

Síntome só

Cómodo 

Polo tempo que me quedé

Xirando con forza

Da man que me ergue

Pra baixala onda min

Non es outro as penas

Non entendo as pesquisas 

Intento ir e desaparece

Como unha mancha no ollo

Procurei nela a simplificación 

Tomei meu corazón nunha man

E na outra o meu esprito 

E a comparación non é acertada

Mostrame un único camiño

Que xa non podo percorrer



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela