Rock'n'roll

 Pregúntome sen autoridade

Esixindo unha resposta 

De que está feito o río?

Que auga é aquela?

Onde cheiran as rosas

Estamos alí 

Onde o sol queima

Baixo do eterno

Na quedade infinita 

Aleteamos febremente 

Caíndo en espiral 

Non existe tal

Non hai persona

Non hai monstro

Só a lixeireza

Da caída 

Respira

Solta


Miña nai dixo que o rock era para sempre

Pero realmente sabemos o que é

O momento atrasado varias veces

Nunca volverá o que esta por suceder 


Marchou

Para nunca volver

Velaí está 

O rock nunca morrerá 

Como o amor desta casca

Poderemos rezar

Poderemos berrar

Atenderá deus nosas inquedanzas?


Suave envolvente guitarra 

Ó ritmo da batería 

Segue a caída

O desvelo non remata

Os soños son reais

Nas mentes preclaras

Máis non na miña


Nosa


Repito ó meu ser

O corazón 

O rock non morre nunca

Máis eu 



Aparto distancia

O grave engulleme outra vez

Isto son eu

Breves silencios entre

 cancións cantadas por outros

Coa miña voz

Instrumento desatinado 

Desatino destino


Heaven from hell 


Son eu raíz ou son cinza

Que parte do todo?

Son eu? Son eu!

Saude e saúdos

Son eu

Tururururu

Lalalalala

Son eu

Existo ou existirei

En nós 

En todos


Vento cálido

Acorde fatal

Amor amor amor

Non deixarei de amar

O amado

O amable

O aparente

Aparente

Abaixo

Abeixo

Latexo 




Creme

O rock é para sempre

O roll é a cuestión puntual.

Personal

Berrar en voz alta o nome

Dicilo por fin sen máis

Xeira infinitesimal

Nunca nunca

Nunca cesarei

Amiga miña

Non romperei máis lazos

Que os que me unen coa vida

Queden intactos unha vez mais

Rompe

Destrúe

Queima o que queiras

Aquí estarei

Estigma eterno na pel



Ámote 

Ambos

Rock

Roll

Viva a revolución dos tempos 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela