27 de Febreiro.
Non son máis que eu mesmo
unha nube de pensamento
sorte de casualidade no tempo
son o que non fun
fun o que endexamais serei.
Rompo nos versos meu corpo
anacos pequenos libres de vida
libres de todo inconformismo
libre de soños e esperanzas.
Son hoxe máis que nunca
fracaso de quen nunca o ía intentar
parvo inconsciente
outro demente sen fogar.
Incomunicado do meu mundo
arroulo as cinzas do meu querer
fillo ingrato e homicida
expresión sentida dun mencer
que non chega.
Mensaxes baleiros de contido
treban nos meus oidos
somente odio ou compasión
un ser de ficción
que aparenta existir no espello.
Horas antes da maxima expresión
quinta esencia do meu ser
berro por axuda
unha última vez.
Agradezo aqueles que escoitaron algunha vez miña voz. Por desagradable que fora, grazas.
Comentarios
Publicar un comentario