O amor vainos esnaquizar outra vez
Tremo no frío suor da noite
É inverno
Desboto ideas caducas por enésima vez.
E rompo meu silencio no queixar da vida
Topo unha lectura que me alonxa
Máis se Cabe
Da esquecida cordura
Comemos novamente
A temida despedida
O ate sempre pouco sincero
A gran mentira
Que nós contamos a nós mesmas
Deixemos que as verbas fagan
o ruin traballo do corazón
Quebremos o vidro que nos separa
Facendo dos anacos coitelos
Pra construir un muro de sangue
Nen bestas nin contos fan tremer meus ósos como o terror inherente a perpetua soidade que por min ou por outros, me foi imposta. Procuro palabras amigas ou simplemente palabras. Máis non hai oracións para min, nen frases curtas, monosílabos ou fonemas.
Para mín é o silencio, a escuridade que envolve. O espazo construído por catro paredes e un teito dame o abrigo que preciso pra manterme deitado.
Son pois o asceta apostata. Renego da vida mesma e non creo sequera no esprito que alimento. Son pedra e son sombra. Nunca xamáis serei vida. o hermitaño extraño que habita un corpo morto, que endexamáis vai volver vivir.
Sei que a miña mensaxe non vai chegar s ninguén. Podería encher o texto de excusas, verdades, mentiras e reproches. Sei ben delas pois verdade e mentira foron miña condena case literal. Pero non hai oínte, o locutor está emitindo ós ceos rezando por que a mensaxe rebote no transistor correcto.
E se son escoitado polo sino deste meu sufrimento. Só pido sen tamén falado.
Comentarios
Publicar un comentario