Outra noite de choros.

Laureado sufrimento embelece o silencio

frio desdén da iñorancia perpetua

o sabor requerido e negado

recordo dos tempos mellores

que agora volven implacables

acenden o lume do crematorio


vaise o tempo na escritura

como forma inumana de tortura

mazo forte na carne cruda

do infraser que agocha a mentira

do sorriso diario e da mirada escura

visceras, ósos e vermella escuma


irreversibles feitos marcan meu destino

rimas ficticias e volatiles

adornos faciles


Non teño esperanza de facer versos

non teño espiritu nin ganas 

non teño tempo

quen eu era xa non son

agora fecho meu comentario

e rompo a crisma contra o culpable

de mostrarme o meu reflexo

toca a despedida

cun pasodobre a paso lento

final das cancions de amor.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela