O vento do mencer.
Estaba eu en aulas, concretamente en Fundamentos da Organización Empresarial, e algo teñen esas clases que me poñen de mal humor, pra facervos unha idea estabamos mirando como ó mellor que pode facer unha empresa é despedir e contratar xente cada mes para ter os máximos beneficios e ós bos señores profesores parécelles de vital importancia que nós como estudantes de enxeñaría teñamos isto claro e despidamos sen medo cando (deus non o queira) teñamos un posto de responsabilidade nunha empresa privada.
E bueno, que me enfadei un pouco.
Fírmache o teu destino
coa sangue derramada
dando término
ás vidas inocentes
Soberbia e orgullo
armas da cobiza
un lume incontrolable
converte o probe en cinza
Asasinato, violación
roubo e xenocidio
Canta o vento:
'Non hai perdón
co patrón'
contigo.
Préndeche a faísca
a cacheira da ira
somos combustible
xa non somos vítimas
somos nós os donos
do no noso futuro
somos cazadores
ti a nosa presa
somos xuíces e verdugos.
Os fouciños rebrilan
afiados
oxidados
sedentos
Non fuxir
non correr
non hai refuxio
santuario sagrado
que protexa
a xustiza derradeira
da terra queimada
ergueremos.
Nacemos novamente
nacemos nós
sós
e xuntos
contra vos.
Seremos ceibes
ó fin do presente
nun pasado queimado
miramos
un horizonte feito en sangue.
Comentarios
Publicar un comentario