Entroido

Segunda parte do que fixen ese día en aulas. Estaba de mal humor si.



 Non é elección

precisar violencia

é o medio imposto

única supervivencia


Choramos longo. Choramos

Sufrimos Longo. Berramos

Perdemos moito. Calamos

Pensamos moito. Esperamos

Chegado o día. Marchamos.

ó ritmo do vento

rompendo o silencio

da longa noite de pedra.


O estrondoso queixar

fai na terra unha cunca

enchida sen final

das bágoas recollidas

da sangue verquida

pola terra.


Ruido no corazón

silencio na mente

camiñar cara adiante

as uñas cravadas

as mans ensanguentadas

levantadas en alto

os ollos fixos

os dentes afiados

os lombos desgarrados


Nosos lomos desgarrados

xa non obedecen o látigo

dentado

do patrón desleigado

do opresor foráneo

o colono expoliador


Lamentarano!


Firmes

Berramos

Choramos

Avanzamos


Traémolos nós

o sacho e o carro

a revolución.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela