Secuencias en PLC.

Co comezo remarcado
entre puntos e liñas
frechas arbitrarias
delimitan o estado.

Transicións condicionadas
cara o momento adecuado
marcan o funcionamento
das maquinas desexadas.

Plantexo o problema
o que ten que suceder,
como e cando.
sen dubida nin dilema.

Avanza lentamente
chega o momento
rematado o traballo
o momento finalmente
chega

Transcribo a mensaxe
configuro ó programa
pasa a triaxe
diagnostico: 

Vai
Funciona
Ben
Falla

Procuro nas liñas
o erro cometido.
aparece?
probo.

Erro catastrofico.

Isto non era.

Cago en dios.


Adicarlle un poema a un entorno de programación de autómatas, ate isto cheguei, o poeta fracasado estuda enxeñaria. Son máis de KOP que de FUP, inda que prefiro o Graph.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela