Diferenzas de presión atmosférica chegan.

 A poesia é o amante incondicional da música e rendindo culto a este amor puro collin inspiración dunha canción dos labregos <<Un vento ven>>. Nun momento entreaulas escribín este texto aditivo de baixa calidade que agora transcribo aquí via tablet.


Collereite da man e levareite lonxe
fora deste mundo
cara un mundo novo
que erguemos cas verbas
que deixamos tras de nós
 os poetas

Contemplaremos o futuro
o presente e o pasado.
Cantaremos xuntos
ó compás dos paxaros
que anuncian cada estrofa
coa musica do pequeno
e do grande.
Disiparemos a escuridade e a neboa
Da iñoranza e do neutral.

Miraremos ó ceo
e cando aloumiñe en nós
a infinita luz do sol
que quence todolos soños
todolos prantos
todalas penas e
todolos amores
collidos da man berraremos.

A poesía é 
o grande milagre do mundo

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela