Decadencia do ácido úrico (Prosa forzada por unha dramaturga novata.)

 Camiñaba eu polo arcén da carretera mal chamada nacional que une os puntos setentrional e meridional da península. O motivo de tal camiño non era outro que a necesidade de coller gasoil da gasolinera da Portela, posto que meu útil utilitario automobil agora estacionado pseudolegalmente preto das escasas prazas de aparcamento que rodean á de Puri, deu aviso da reserva..

Minutos antes da situación anteriormente descrita estaba eu co meu carro na marcha continua e axil na misión de repostar pois o depósito pedía clemencia días fai. Xa pasada a ausente sinal de trafico que atestiguaba a prohibición de adiantar nunha curva digna dunha montaña rusa abandonada, o aviso vermello deu seu ultimatum, teria que parar menos dun kilometro costa abaixo.

Pois é o caso que ia eu andando polo arcén cando miña vexiga, contraria ó deposito do coche, rebosaba alegría en forma de orina. Así pois decidín subir ó monte colindante e detras dunha arbore (EUCALYPTUS) a aliviar a dor do baixo abdome cando de súpeto unha gran explosión sonora procedente do ceo desviou miña puntería facendo unha desfeita dos meus zapatos.

Asustado, voltei cara o carril de asfalto e nel me decatei do suceso, a verdade detras deste accidente urinario, do apocalipse escatolóxico no meu calzado...

ERAN AS FESTAS DE SAN SALVADOR CAGO NA HOSTIA BENDITA QUE REPARTE O PUTO CURA DO INFERNO.

E nese estado de ira e confusión proseguín meu camiño. Precisaba o gasoil. 


Pois aqui estou escribindo en prosa, un terrible relato non autobiografico por sorte, non tendes que dar as grazas máis eu dareillas a Uxi por obligarme a escribir e por medo a represalias. Grazas Uxiii, es a mellor do mundo e a tua obra de teatro esa mola moito e ti mais porfa non me pegues QUEROTEEEE.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela