Un segredo
Acabo de publicar meu poema de hoxe, tódolos dias fago o poema e llo paso á miña escritora favorita, mais este vou telo en segredo, a ver se o mira alguén ;)
Non vai ser nada profundo nin sentido, mais reflexión que poema.
Hai poetas que falan do mar
hai poetas que falan da terra
hai poetas do amor
poetas da xente
poetas da historia
e poetas da rúa
hai poetas da dor
hai poetas da amargura
e poetas da vida
poetas de deus
poetas do diaño
hai poetas bos
hai poetas malos
e hai poetas de merda
Quixera saber eu
de seguro son poeta da dor
pero son malo
ou ben son de merda.
Meus mellores poemas, bos, malos ou de merda están feitos sobre a dor e a tristura, e teño poemas felices, máis en todos hai amargura, hai quen pensa que iso é malo, pero eu creo, que esa dor é mais valiosa que ningún sorriso, esa dor da forzas.
Cando amas a dor da un contraste especial, despois da treboada o sol brilla mellor. Cando precisas de arrancar e loitar, por ti e sobre todo polos demais, por todos, pola humanidade, é entón cando a dor torna en ira. A dor tamén pode dar cordura, os recordos máis tristes fan reflexionar e actuar con cautela.
Se estas aquí, sexas amigo, descoñecido ou o amor que me inspira grazas. Quizais algún dia faga un bo poema feliz, segue co migo e o descubrimos.
Que son as cousas tristes senón bos recordos entre momentos planos.

Comentarios
Publicar un comentario