Outra cousa que hei de publicar por imperativo moral.

A verdade, hoxe xa intentei escribir mais non me saia, centreime en desarroiar unha partida se ben fixen un guión de 4900 palabras nada de iso vale pra as miñas cousas, igual o publico igualmente, xa verei.

Chega a noite tralo dia
e facía tempo que non sentía
o terror, o medo
de quedar por sempre quedo
neste redondo penedo
de quedar lonxe estando preto

As veces custa falar
sentar na cadeira e dialogar
con sinceridade e admitir
e sen mintir dicir
que temes o peor
que marche o sol
e non volva nunca mais
pois se tibera que por
unha cor a este sentimento
porialle un azul escuro
pois teño medo ó futuro

Despois de tanto tempo
teño algo que perder
e farei prevalecer
este curioso poder que agora teño
pois quen quere algo teme perdelo
pero mais teme deixar de querelo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela