Do fondo da escuridade tamén pode haber saudade.

O día de hoxe foi un día especial para min, a aniversario de algo, é a primeira vez en tempo que vivo este dia con alegría, estoume a recuperar.
Con celebración a este dia lin poemas vellos gardados na miña libreta, poemas tristes, moi duros, un recordatorio dunha dor xa olvidada. E arrinqueinos da libreta, gardeinos nun lugar escondido, a espera de decidir que facer con eles, por un lado non quero eliminalos como xa fixen concora tantos poemas vellos, por outro a dor que desprenden inda afonda nas miñas cicatrices.
Decidín pois, faga o que faga con eles, realizar un novo poema con partes destes, un recordatorio de tempos tristes en tempos felices. Non sabía se poñelo aquí e quizais o borre pero na miña libreta esta xa escrito.

Quentes beizos apuñalan sen piedade
meu corazón esta quedo.
Tiemblo ó escoitar as palabras.
É a fin inevitable?
Perdín xa toda esperanza.
Cada paso adiante son dous atrás.

Hoxe pode ser o día
de por fin rematar
dun xeito ou outro isto termina
se hei de morrer
que sexa da miña man
non haberá mañan.

A sangue sae das miñas venas
o amor non vai voltar.
fico frio e quedo
teño medo
isto debe parar
non quero máis sorrisos
falsas palabras nada enchen
hoxe voltei estar mal
dun xeito ou outro
isto vai terminar.

Engado agora os novos versos de novos poemas, como recordatorio da luz que hai en min.

que volte a guerra
non quero máis paz
a guerra dun sentimento vello
que se revela
loita, ante a derrota do olvido
agora estou tranquilo, sorrio
recorda este dia
pois non será o último.

E con isto recupero o poema/dia, vou copiar de alguén que sei eu e vou poñer algo seguindo un tema recurrente, igual non queda ben, son cousas miñas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela