Hoxe ia todo ben
Pois estou escribindo isto mentres intento conseguir que meu telefono cargue, penso que o conector da corriente esta mal e dada a situación actual non podo arranxalo. Aquí estou facendo palanca co pe na única postura na que parece que carga.
E fastidia bastante que quero falar coa moza que eu quero e non podo, e levo un dia movidito, a convivencia é canto menos dura. Así pois estou que mordo as paredes.
Escribirei algo para desfogarme e que quede constancia deste fin de dia de merda.
Fago malabares
manteño feblemente o equilibrio
mentres nunha man escribo
noutra fago forza.
Manteño a compostura
máis tiemblo cando ando
aquí me topo escapando
buscando calquera cousa
calquera escusa
que me quite o animo
que me debilite o esprito
e entón deixar cair este peso
sobre o chan que piso
Mais teño calma
inspiro, aguanto forte
e expiro.
Avanzo un pouco máis
non me rindo
queda pouco, sigo.
A meta espera e con ela
meu destiño.
Tiemblo de volta
máis non desisto.
Comento que quixen dar un modo distinto a este poema, facer do longo parte da forma darlle un significado que igual so eu entendo.
As cousas pasan e con elas xurden outras novas, so hai que ter paciencia.

Comentarios
Publicar un comentario