De un gran tamaño.
Hoxe sí hai intro.
Achégome rápido, correndo
o respirar pesa dende hai tempo.
corro e pouco apouco estou máis preto
e non deixa de crecer, é inmenso
Da altura de mil estrelas
do ancho de mil océanos.
Persigo sen parar a figura colosal
non quedan reservas, non hai forzas
pra manterse en pé,
Pero é tan magnifica esa figura
tan grande, tan cálida, tan querida...
Que corro e corro a perseguila.
Día a día mírolla máis preto
non lle aparto a vista, non podo
quizais se a aparto se mova.
E se marcha lonxe esta montaña?
Non podo permitilo, agora non
agora estou decidido, sego.
Non hai chuvia nin vento
nin pedra nin penedo
ninguén e ningún outro
que me afaste do destiño
escoitade miñas verbas
apartade, non podedes comigo.
'Miña decisión esta tomada
ese mundo é xa meu,
non cambiarei de idea,
nin terra nin ceu
nin parede nin serea
os cantos non os oio'
corro e corro.
Pois velaquí está, non rima nin a tiros, pero gustame así, xadea polo cansancio, ou igual é impresión miña, estas cousas da poesía son complicadas.
Achégome rápido, correndo
o respirar pesa dende hai tempo.
corro e pouco apouco estou máis preto
e non deixa de crecer, é inmenso
Da altura de mil estrelas
do ancho de mil océanos.
Persigo sen parar a figura colosal
non quedan reservas, non hai forzas
pra manterse en pé,
Pero é tan magnifica esa figura
tan grande, tan cálida, tan querida...
Que corro e corro a perseguila.
Día a día mírolla máis preto
non lle aparto a vista, non podo
quizais se a aparto se mova.
E se marcha lonxe esta montaña?
Non podo permitilo, agora non
agora estou decidido, sego.
Non hai chuvia nin vento
nin pedra nin penedo
ninguén e ningún outro
que me afaste do destiño
escoitade miñas verbas
apartade, non podedes comigo.
'Miña decisión esta tomada
ese mundo é xa meu,
non cambiarei de idea,
nin terra nin ceu
nin parede nin serea
os cantos non os oio'
corro e corro.
Pois velaquí está, non rima nin a tiros, pero gustame así, xadea polo cansancio, ou igual é impresión miña, estas cousas da poesía son complicadas.
Comentarios
Publicar un comentario