Cousas que pasan en dias chuvosos.

Levo xa dous dias sen apenas durmir, salto de estado de animo sen criterio, este encerro estame a volver tolo, espero durmir esta noite.
Antes de comezar quixera contar que non soio recordar os soños da noite, soio recordar os pesadelos iso si. Pero o tema a tratar agora son os soños reais, é como chamo a eses soños verosímiles que cando esperto provocan en min unha extraña confusión, como se non espertara de verdade, e nas seguintes horas, a medida que se despexaba miña mente eses soños quedaban na miña mente ó redor de recordos de verdade facendome confundir realidade con ficción. Isto faime sentir moita ansiedade nas seguintes horas ata que facendo secuencia de acontecementos consigo discernilos.
Non soe pasar máis pareceme algo curioso digno de contar.

Imolle ó miolo da cuestión:

O máis duro de soñar é recobrar a cordura
os oníricos pensamentos abren paso entre o sentido
quedas perdido a nube do vivido, son extraños.
as veces andas un camiño, noutras estas perdido.

Son os soños pequenos seres que cando durmes miran
a tua propia ialma e escudriñan teus pesares e alegrias
dos teus pensamentos fan ladrillos e construen a estrutura
dunha historia nova, orixinal, pero coñecida

Quenes son eses seres que nos espian?
Queren algo ou soamente se divirten?
As veces fannos regalos e alegria
e outras sen pensalo nos torturan
Extraños seres estes.

Mais cedo espertamos e miramos, dereita e esquerda
e nada.
Procuramos entres as sombras algo, algunha pista
e nada.
que extrañas criaturas que despistan, escapan, evitan
ser topadas trala xornada intensa do seu traballo

Despois de fracas na busca destes seres
a razón toma camiño e analiza friamente o sentido
mentres o corazón, axitado teme ou ama o vivido
e nos simplemente seguimos adiante.
Extraños seres nos
que temendo o descoñecido
saltamos sen pensalo ó vacio

Extraños versos adornan esta páxina
pode que isto sexa un simple soño
e os pequenos homes guien miñas mans
mais soño ou realidade, a verdade
é que asumo este destino
pois na realidade vivo un soño
e cando soño non vivo
 
                                Onirias caóticas.

De volta ó mundo real, é probable que non entendas ben o que escribín, pero de seguro que o entendes mais ca min. En calquera caso gracias por ler e por estar aquí. Sexas quen creo ou outra persona, quero dicir: QUEROTE.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela