Cousas de onte, outra vez
Ó parecer onte tentei publicar isto sen éxito. Un erro da sociedade moderna supoño.
Fin da presentación.
Voan corvos sobre min
as plumas negras ocultan o sol
seus berridos tapan meus gritos
esperando a que chegue o fin
desesperado movo os brazos
busco unha compañia
non quero morrer só.
As aves caen sobre min
aliméntanse do meu corpo
condenan miña ialma
ó baleiro infinito da escuridade
intento moverme e non podo
a fuxida é inutil
escapar é inviable.
Castigan punzadas sobre min
miña pel é arrancada
deixa ó aire a miña carne
agora son so alimento
cómenme por partes
viña voz queda afogada
esta é a morte da soidade.
Onte antes de ir durmir vin unha peli de terror, bastante mala ademais, e quería intentar escribir en verso unha escena que me produciu especial interese, a idea de ser comido polos corvos, sen poder fuxir, é unha idea realmente terrorífica.
Tocaron cousas de terror, á noite algo máis bonito.

Comentarios
Publicar un comentario