Palabras do fracaso que non o ía intentar
E entón entendimos por fin
non era senón odio aquilo que sentia
Rezumaba seu veleno polos poros
e eu respirabao entusiasmado
Agora ten sentido todo aquilo
Que entón só parecía desatino
O dereito de chorar unidireccional
O deber de estar sempre tranquilo
As ameazas veladas que non entendía
ate ser cumpridas e executadas
as pedras caíron todas xuntas
Fundindo meu peito
Non fun máis que un breve suspiro
Un entretemento
Un tonto necesario
Polo ben dos demais
Senón que significa
A gran mentira final
Que significa té amo
Antes de me matar
Destruir da memoria
Todo lugar que ocupen
Desterrarme ó inferno
Do silencio
Entón toleei
En min naceu un monstro
Que non podo deter
Cando crece alimentado
Pola dor do día a día
Racha miña mente
E toma o control
Pedirei perdón sempre
Polo mal que eu fixen
E polo que fixo o monstro
Máis por unha vez
Non quixera ser o xulgado
Non me sentir culpable
Inda que sexa só unha vez
Antes de morrer
Quixera ser a vítima
E non o verdugo
Amar é un verbo poderoso
Usado sempre mal
Pois non é e namoramento
O mesmo que amar
Se acaso me amabas
Por sempre será
Faino saber
Ou deixa morrer
Pois non é chantaxe
Senón a viraxe
Final dunha vida
É a última pregunta?
Merece ser vivida?
Mil veces din que non
É pecado rezar por un si
Pois temo a morte coma calqueira
Pero temo a vida en medida maior
Pois tal como vivo
Estar morto era mellor.
Pero seguirei vivindo
Por inercia e esperanza
Sufrindo na eternidade
Polo día que non chega
Nin vai chegar
Comentarios
Publicar un comentario